viernes, 29 de marzo de 2019

TRABALLO EN GRUPO PARA A TERCEIRA AVALIACIÓN

TRABALLOS SOBRE A GRECIA CLÁSICA:



1.- A ATENAS DE PERICLES.

O traballo versará sobre Atenas na época de Pericles.

Deberá conter unha breve contextualización xeográfica e histórica da Grecia clásica, incluíndo os aspectos económicos, sociais, políticos e relixiosos, e explicando mediante mapas a situación das antigas poles gregas, das colonias,  e de Persia. Deberá explicarse o alcance e significado das Guerras Médicas. Unha vez contextualizado, pasaranse a presentar a figura de Pericles e a explicar os feitos máis importantes da época na que el gobernou Atenas, incluíndo os artísticos e arquitectónicos, así como a súa relación con Fidias. Remataremos coa morte de Pericles no contexto das Guerras do Peloponeso.


2.- ESPARTA

Versará sobre o sistema de goberno e educación en Esparta.

Deberá conter unha breve contextualización xeográfica e histórica da Grecia clásica, incluíndo os aspectos económicos, sociais, políticos e relixiosos, e explicando mediante mapas a situación das antigas poles gregas, das colonias,  e de Persia. Unha vez contextualizado, pasarase a presentar a especial forma de goberno de Esparta e as súas institución de goberno, que deberán ser comparadas coas de Atenas. Tamén deberá explicarse o sistema educativo e militar de Esparta, así como a súa participación nas Guerras Médicas e nas Guerras do Peloponeso.


3.- ALEXANDRE MAGNO E A ÉPOCA HELENÍSTICA

O traballo versará sobre a figura de Alexandre Magno.

Deberá conter unha breve contextualización xeográfica e histórica da Grecia antiga, incluíndo os aspectos económicos, sociais, políticos e relixiosos, e explicando mediante mapas a situación das antigas poles gregas, das colonias,  e de Macedonia. Deberá situarse o reinado de Filipo II de Macedonia no contexto do final das guerras do Peloponeso. Unha vez contextualizado, pasarase a explicar o reinado de Alexandre, así como as súas conquistas, para finalizar coa división do seu imperio por parte dos seus xenerais, á súa morte. Rematarase coa explicación do que coñecemos como época ou cultura helenística.


TRABALLOS SOBRE ROMA:

4.- ANIBAL CONTRA ROMA: AS GUERRAS PÚNICAS.

O traballo versará sobre a figura do máis grande inimigo de Roma: o xeneral cartaxinés Aníbal.

Deberá conter unha breve contextualización xeográfica e histórica da Roma antiga, incluíndo os aspectos económicos, sociais, políticos e relixiosos, e explicando mediante mapas as respectivas situacións xeográficas de Roma, Cartago e Hispania no Mediterráneo. Unha vez contextualizado, pasaranse a explicar as guerras púnicas e a loita pola hexemonía no Mediterráneo entre estas dúas potencias, rematando coas campañas de Aníbal e a súa ulterior derrota.

5.- A CONQUISTA ROMANA DE HISPANIA

O traballo versará sobre a conquista de Hispania por Roma.

Deberá partirse das guerras púnicas facer unha breve exposición de como se foi producindo a conquista do territorio, do que buscaban os romanos en Hispania, dos pobos sometidos, etc, para centrarnos na conquista do noroeste peninsular e na fundación de Lucus Augusti.
Deberá poñerse en relación coa explotación dos recursos naturais nos territorios veciños a Lucus, así como co resto de cidades augustas da península.

ASPECTOS COMÚNS A TODOS OS TRABALLOS:

IMPORTANTE: Antes do 30 de abril, os coordinadores deberán enviar un correo electrónico ao enderezo gasparxeografiahistoria@gmail.com indicando o seguinte:
  • Estrutura básica do traballo que se vai desenvolver, indicando os apartados en que se vai dividir o mesmo, así como unha breve sinopse de cada un deles.
  • Material e medios a utilizar: gráficos, informáticos, etc….
  • Membro do grupo que vai expoñer cada un dos apartados.
Unha vez dado o visto e prace por parte do profesor, procederase a realizar o traballo, tendo en conta as datas de exposición que se marquen para cada traballo.

Os traballos deberán ser expostos na clase por todos os membros do grupo durante un tempo máximo de 20 minutos. Deberá expoñerse en lingua galega, e para a exposición deberán utilizarse presentacións tipo Power Point que conteñan unicamente fotos, mapas, gráficos, etc. Pero non deberán conter máis textos que aquel referido aos títulos das diapositivas ou o que conteñan os mapas, etc.  

Poderase utilizar un guión ou o propio traballo para a exposición, pero non se poderá ler literalmente o mesmo.

Penalizarase con 0,5 puntos nos seguintes casos:
ü  Non utilizar a lingua galega na exposición.
ü  Excederse do tempo máximo de exposición oral.

A puntuación do grupo asignarase a todos os seus membros. A maiores todos os grupos terán dous puntos adicionais, que, unha vez rematadas as exposicións orais, repartirá o coordinador entre os membros do grupo en función das aportacións individuais de cada un, non podendo asignarse a si mesmo máis de 0,75 puntos.

DATAS DE EXPOSICIÓN: fixaranse durante o trimestre.





sábado, 23 de febrero de 2019

SABER MÁIS: AS MELLORES PINTURAS DO PALEOLÍTICO

Vídeo

Exipto

Vídeo de Artehistoria

Mesopotamia

Vídeo de Artehistoria

Instrucións para a exposición do traballo sobre Marco Polo

Durante a semana do 11 ao 17 de marzo, teredes os tres días de clase para traballar en grupo.

Para preparar as presentacións debedes ter en conta o seguinte:

É recomendable, aínda que non obrigatorio, utilizar unha presentación en Power Point ou similar.

A presentación so deberá conter imaxes: fotos, mapas, etc. Nunca textos longos. Deberá centrarse, sobre todo, en expoñer a viaxe que ides realizar.

Cada grupo terá un máximo de 15 minutos.

Deberán saír a presentar todos os membros do grupo.

Poderá utilizarse un guión, pero non se poderá ler un texto de seguido. Se o profesor observa que alguén se limita a ler, cortará a presentación.

É recomendable que as exposicións se apoien na presentación de PWP, e que se expliquen ou comenten as imaxes.

martes, 5 de febrero de 2019

Incidencias co libro de lectura "En tierra de indios"


De acordo a o establecido na P. D. do departamento de Xeografía e Historia, os alumnos que non entregaron os traballos teñen suspensa a 2ª avaliación. Lembrar que mentres non os presenten e pasen o test de lectura non poderán aprobar.
Para aqueles que tendo entregados os traballos, ou ben non pasaron o test de lectura, ou os traballos non cumpran os mínimos esixidos (e cos que o profesor falará individualizadamente), ábrese un novo prazo para entregar novos traballos, que remata o 1 de marzo.
Data esta, límite para entregar traballos da propia autoría que reúnan os requisitos especificados neste mesmo blog no mes de setembro pasado. Unha vez entregados, os alumnos terán unha entrevista co profesor para verificar que efectivamente leron o libro. 
Calquer alumno pode entregar novos traballos para subir nota.
Os novos traballos entregados poderán acadar unha puntuación máxima de 5.