Vídeo
Blog do profesor de Xeografía e Historia de 1º de ESO. IES Sanxillao
sábado, 23 de febrero de 2019
Instrucións para a exposición do traballo sobre Marco Polo
Durante a semana do 11 ao 17 de marzo, teredes os tres días de clase para traballar en grupo.
Para preparar as presentacións debedes ter en conta o seguinte:
É recomendable, aínda que non obrigatorio, utilizar unha presentación en Power Point ou similar.
A presentación so deberá conter imaxes: fotos, mapas, etc. Nunca textos longos. Deberá centrarse, sobre todo, en expoñer a viaxe que ides realizar.
Cada grupo terá un máximo de 15 minutos.
Deberán saír a presentar todos os membros do grupo.
Poderá utilizarse un guión, pero non se poderá ler un texto de seguido. Se o profesor observa que alguén se limita a ler, cortará a presentación.
É recomendable que as exposicións se apoien na presentación de PWP, e que se expliquen ou comenten as imaxes.
sábado, 16 de febrero de 2019
domingo, 10 de febrero de 2019
martes, 5 de febrero de 2019
Incidencias co libro de lectura "En tierra de indios"
De acordo a o establecido na P. D. do
departamento de Xeografía e Historia, os alumnos que non entregaron os
traballos teñen suspensa a 2ª avaliación. Lembrar que mentres non os presenten
e pasen o test de lectura non poderán aprobar.
Para aqueles que
tendo entregados os traballos, ou ben non pasaron o test de lectura, ou os
traballos non cumpran os mínimos esixidos (e cos que o profesor falará
individualizadamente), ábrese un novo prazo para entregar novos traballos, que
remata o 1 de marzo.
Data esta, límite
para entregar traballos da propia autoría que reúnan os requisitos
especificados neste mesmo blog no mes de setembro pasado. Unha vez entregados, os alumnos terán unha entrevista co profesor para verificar que
efectivamente leron o libro.
Calquer alumno pode entregar novos traballos para subir nota.
Os novos traballos entregados poderán acadar unha puntuación máxima de 5.
Calquer alumno pode entregar novos traballos para subir nota.
Os novos traballos entregados poderán acadar unha puntuación máxima de 5.
domingo, 3 de febrero de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)