Vídeo
Blog do profesor de Xeografía e Historia de 1º de ESO. IES Sanxillao
domingo, 31 de marzo de 2019
viernes, 29 de marzo de 2019
TRABALLO EN GRUPO PARA A TERCEIRA AVALIACIÓN
TRABALLOS SOBRE A GRECIA CLÁSICA:
1.- A ATENAS DE PERICLES.
O traballo versará
sobre Atenas na época de Pericles.
Deberá conter unha
breve contextualización xeográfica e histórica da Grecia clásica, incluíndo os
aspectos económicos, sociais, políticos e relixiosos, e explicando mediante
mapas a situación das antigas poles gregas, das colonias, e de Persia. Deberá explicarse o alcance e
significado das Guerras Médicas. Unha vez contextualizado, pasaranse a presentar
a figura de Pericles e a explicar os feitos máis importantes da época na que el
gobernou Atenas, incluíndo os artísticos e arquitectónicos, así como a súa relación
con Fidias. Remataremos coa morte de Pericles no contexto das Guerras do
Peloponeso.
2.- ESPARTA
Versará sobre o
sistema de goberno e educación en Esparta.
Deberá conter unha
breve contextualización xeográfica e histórica da Grecia clásica, incluíndo os
aspectos económicos, sociais, políticos e relixiosos, e explicando mediante
mapas a situación das antigas poles gregas, das colonias, e de Persia. Unha vez contextualizado,
pasarase a presentar a especial forma de goberno de Esparta e as súas
institución de goberno, que deberán ser comparadas coas de Atenas. Tamén deberá
explicarse o sistema educativo e militar de Esparta, así como a súa
participación nas Guerras Médicas e nas Guerras do Peloponeso.
3.- ALEXANDRE MAGNO E A ÉPOCA HELENÍSTICA
O traballo versará
sobre a figura de Alexandre Magno.
Deberá conter unha
breve contextualización xeográfica e histórica da Grecia antiga, incluíndo os
aspectos económicos, sociais, políticos e relixiosos, e explicando mediante
mapas a situación das antigas poles gregas, das colonias, e de Macedonia. Deberá situarse o reinado de
Filipo II de Macedonia no contexto do final das guerras do Peloponeso. Unha vez
contextualizado, pasarase a explicar o reinado de Alexandre, así como as súas conquistas,
para finalizar coa división do seu imperio por parte dos seus xenerais, á súa
morte. Rematarase coa explicación do que coñecemos como época ou cultura
helenística.
TRABALLOS SOBRE ROMA:
4.- ANIBAL CONTRA ROMA: AS GUERRAS PÚNICAS.
O traballo versará
sobre a figura do máis grande inimigo de Roma: o xeneral cartaxinés Aníbal.
Deberá conter unha
breve contextualización xeográfica e histórica da Roma antiga, incluíndo os
aspectos económicos, sociais, políticos e relixiosos, e explicando mediante
mapas as respectivas situacións xeográficas de Roma, Cartago e Hispania no
Mediterráneo. Unha vez contextualizado, pasaranse a explicar as guerras púnicas
e a loita pola hexemonía no Mediterráneo entre estas dúas potencias, rematando
coas campañas de Aníbal e a súa ulterior derrota.
5.- A CONQUISTA ROMANA DE HISPANIA
O traballo versará
sobre a conquista de Hispania por Roma.
Deberá partirse das
guerras púnicas facer unha breve exposición de como se foi producindo a
conquista do territorio, do que buscaban os romanos en Hispania, dos pobos
sometidos, etc, para centrarnos na conquista do noroeste peninsular e na
fundación de Lucus Augusti.
Deberá poñerse en
relación coa explotación dos recursos naturais nos territorios veciños a Lucus,
así como co resto de cidades augustas da península.
ASPECTOS COMÚNS A TODOS OS TRABALLOS:
IMPORTANTE: Antes do 30 de abril,
os coordinadores deberán enviar un correo electrónico ao enderezo gasparxeografiahistoria@gmail.com
indicando o seguinte:
- Estrutura básica do traballo que se vai desenvolver, indicando os apartados en que se vai dividir o mesmo, así como unha breve sinopse de cada un deles.
- Material e medios a utilizar: gráficos, informáticos, etc….
- Membro do grupo que vai expoñer cada un dos apartados.
Unha vez dado o visto
e prace por parte do profesor, procederase a realizar o traballo, tendo en
conta as datas de exposición que se marquen para cada traballo.
Os traballos deberán
ser expostos na clase por todos os membros do grupo durante un
tempo máximo de 20 minutos. Deberá expoñerse en lingua galega, e para a
exposición deberán utilizarse presentacións tipo Power Point que
conteñan unicamente fotos, mapas, gráficos, etc. Pero non deberán conter máis
textos que aquel referido aos títulos das diapositivas ou o que conteñan os
mapas, etc.
Poderase utilizar un
guión ou o propio traballo para a exposición, pero non se poderá ler
literalmente o mesmo.
Penalizarase con 0,5
puntos nos seguintes casos:
ü Non utilizar
a lingua galega na exposición.
ü Excederse do
tempo máximo de exposición oral.
A puntuación do grupo
asignarase a todos os seus membros. A maiores todos os grupos terán dous puntos adicionais, que, unha vez
rematadas as exposicións orais, repartirá o coordinador entre os membros do
grupo en función das aportacións individuais de cada un, non podendo asignarse
a si mesmo máis de 0,75 puntos.
DATAS DE EXPOSICIÓN: fixaranse
durante o trimestre.
domingo, 17 de marzo de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)