viernes, 14 de diciembre de 2018

Para saber quen era Marco Polo

vídeo

Traballo en grupo para o segundo trimestre: Organizar unha viaxe como a de Marco Polo.


O traballo a realizar será o Proxecto TIC consistente en organizar una viaxe como a de Marco Polo, tal e como se expón nas páxinas 138,139,140 e 141 do libro de texto, coas seguintes particularidades:

Como hai un erro no libro, o apartado 3 da páxina 140 será substituído polo seguinte:

Exercicio 3: Como no mapa non aparecen as zonas marcadas cunha letra, as zonas que debedes explorar son as seguintes:
·         Himalaia (Himalaya)
·         Deserto de Gobi
·         Sumatra

Debedes tamén buscar con Google Maps a cidade india de Madurai, localizar o gran templo que está no centro da cidade,  coa ferramenta Street View acceder ás rúas dos arredores do templo, así como entrar no propio templo, e describir o que se ve.

O traballo constará dunha portada e dos mesmos apartados que aparecen no libro de texto:
1.    Portada. (0,15 puntos)
2.    Índice: deberá conter os apartados nos que se divide o traballo (0,10 puntos)
3.   Traballo propiamente dito: Redactarase en lingua galega, utilizando o tipo de letra Arial 12, espaciado 1,5; xustificado. Ponderará da seguinte maneira:
·         Quen foi Marco Polo (puntos 1 e 2): 2 puntos
·         A Paisaxe (puntos 3 e 4): 1 punto.
·         O Clima (punto 5): 0,25 puntos
·         Organiza a túa viaxe: 3 puntos.
·         Debuxa a ruta: 0,50 puntos

A ruta a realizar (non todo o traballo) deberá ser exposta na clase por todos os membros do grupo durante un tempo máximo de 15 minutos. Deberá expoñerse en lingua galega, e para a exposición deberán utilizarse presentacións tipo Power Point que conteñan unicamente fotos, mapas, gráficos, etc. Pero non deberán conter máis textos que aquel es referido aos títulos das diapositivas ou o que conteñan os mapas, etc. (3 puntos).

NOVIDADE: a puntuación que obteña o grupo asignarase a todos os seus membros. A maiores todos os grupos terán dous puntos adicionais, que, unha vez rematadas as exposicións orais, repartirá o coordinador entre os membros do grupo en función das aportacións individuais de cada un, non podendo asignarse a si mesmo máis de 0,75 puntos.

Penalizarase con 0,5 puntos nos seguintes casos:
ü  Non presentar o traballo no tipo de letra e resto de requisitos formais.
ü  Non utilizar a lingua galega tanto na redacción como na exposición.
ü  Non respectar as extensións mínima e máxima.
ü  Excederse do tempo máximo de exposición oral.

Data límite de entrega: 25 de marzo de 2019.

Os traballos expoñeranse, a criterio do profesor, antes de finalizar a segunda avaliación.