O traballo a
realizar será o Proxecto TIC consistente en organizar una viaxe como a de Marco
Polo, tal e como se expón nas páxinas 138,139,140 e 141 do libro de texto, coas
seguintes particularidades:
Como hai un erro
no libro, o apartado 3 da páxina 140 será substituído polo seguinte:
Exercicio 3: Como no mapa non aparecen as
zonas marcadas cunha letra, as zonas que debedes explorar son as seguintes:
·
Himalaia
(Himalaya)
·
Deserto de Gobi
·
Sumatra
Debedes tamén buscar con Google Maps a cidade india
de Madurai, localizar o gran templo que está no centro da
cidade, coa ferramenta Street View acceder ás rúas dos arredores do
templo, así como entrar no propio templo, e describir o que se ve.
O traballo constará dunha portada e dos mesmos apartados que aparecen no
libro de texto:
1. Portada. (0,15 puntos)
2.
Índice: deberá conter os apartados nos que se divide o traballo (0,10 puntos)
3. Traballo propiamente dito: Redactarase en lingua
galega, utilizando o tipo de letra Arial 12, espaciado 1,5; xustificado. Ponderará
da seguinte maneira:
·
Quen foi Marco Polo (puntos
1 e 2): 2 puntos
·
A Paisaxe (puntos 3 e
4): 1 punto.
·
O Clima (punto 5): 0,25 puntos
·
Organiza a túa viaxe: 3 puntos.
·
Debuxa a ruta: 0,50 puntos
A ruta a realizar (non todo o traballo) deberá ser exposta na
clase por todos os membros do grupo durante un tempo máximo de 15 minutos. Deberá
expoñerse en lingua galega, e para a exposición deberán utilizarse
presentacións tipo Power Point que conteñan unicamente fotos, mapas, gráficos,
etc. Pero non deberán conter máis textos que aquel es referido aos títulos das
diapositivas ou o que conteñan os mapas, etc. (3 puntos).
NOVIDADE: a puntuación que obteña o grupo asignarase a
todos os seus membros. A maiores todos os grupos terán dous puntos adicionais, que, unha vez rematadas as exposicións
orais, repartirá o coordinador entre os membros do grupo en función das
aportacións individuais de cada un, non podendo asignarse a si mesmo máis de
0,75 puntos.
Penalizarase con 0,5 puntos nos seguintes casos:
ü Non presentar o traballo no tipo de letra e resto de requisitos formais.
ü Non utilizar a lingua galega tanto na redacción como na exposición.
ü Non respectar as extensións mínima e máxima.
ü Excederse do tempo máximo de exposición oral.
Data límite de entrega: 25 de marzo de 2019.
Os traballos expoñeranse, a criterio do profesor, antes de finalizar a
segunda avaliación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario