sábado, 29 de septiembre de 2018

Traballo en grupo para o primeiro trimestre: as augas da Terra


Cada grupo (A, B e C) dividirase en 6 equipos de 5 ou 4 membros, podendo o profesor asignar a un equipo aos alumnos que queden sen integrarse.

Cada equipo elixira un tema para facer o traballo de entre os que a continuación se relacionan, non podendo repetirse ningún. En caso de discrepancias, o profesor procederá a sortear entre os equipos:
1.    O mar Morto
2.    O mar de Aral
3.    A presa das Tres Gargantas
4.    A presa de Assuán e o río Nilo
5.    O glaciar Perito Moreno
6.    Os Grandes Lagos de Norteamérica

Sobre o tema elixido elaborarase un traballo que deberá conter, como mínimo, os seguintes apartados:
1.    Portada. (0,25 puntos)
2.    Índice: deberá conter os apartados nos que se divide o traballo (0,25 puntos)
3.    Traballo propiamente dito Terá unha extensión mínima de un folio polas dúas caras, e un máximo de tres, en letra Arial 12, espaciado 1,5, xustificado. (4 puntos)
4.    Valoración persoal (1 punto)
5.    Bibliografía e webgrafía: citar os libros e webs consultados para realizar o traballo. Como mínimo tres (aparte da Wikipedia). (0,5 puntos)

O traballo deberá ser entregado, e tamén exposto na clase por un ou varios membros do equipo durante un tempo máximo de 15 minutos. Para a exposición poderán utilizarse presentacións tipo Power Point. (a exposición sumará ata 4 puntos). Os membros do equipo que expoñan sumarán un punto adicional por riba do obtido polo propio equipo.

Penalizarase con 0,5 puntos nos seguintes casos:
ü  Non presentar o traballo no tipo de letra e resto de requisitos formais.
ü  Non respectar as extensións mínima e máxima.
ü  Excederse do tempo máximo de exposición oral.

Data límite de entrega: 30 de novembro de 2018.

Os traballos expoñeranse, a criterio do profesor, durante o mes de decembro.

Cada equipo elixirá democraticamente un coordinador. En caso de non chegar a acordo, decidirá o profesor.

O coordinador, de acordo coa maioría do equipo, poderá penalizar aos membros que non traballen e colaboren, aplicando á nota as seguintes porcentaxes de penalización: 25%, 50%, 75% ou 100%.

martes, 25 de septiembre de 2018

Lectura para este curso


Lectura do libro “En tierra de indios” de Philippe Nessmann. Editorial Bambú. ISBN: 978-84-8343-175-7





Cada alumno fará un traballo que deberá ter as seguintes características:

Preferentemente con procesador de textos (Letra Arial 12, a 1,5 espazos, xustificada).

O traballo deberá conter, como mínimo, os seguintes apartados:

1.    Portada. (0,25 puntos)

2.    Índice: deberá conter os apartados nos que se divide o traballo (non o libro) (0,5 puntos)

3.    Introdución: deberá conter (máximo media cara de folio) (1 punto):
·       Unha referencia bibliográfica completa (autor, título do libro, ano de edición,  e editorial)
·   Unha breve introdución biográfica e literaria do autor (breve biografía e mención doutras obras)
·       Dicir de que tipo de texto se trata (narrativo, ensaio, poético, tratado, etc)

4.    Resumo do libro: (máximo dúas caras de folio). (4 puntos)

5.    Contexto histórico: situar o libro no seu contexto histórico, cun breve resumo da historia (ata á época en que se desenvolve a aventura) dos recen nacidos Estados Unidos de América. Ademais debes valorar se os datos que aporta o libro sobre ese período son reais ou ficticios. (mínimo media cara, máximo unha cara) (1,5 puntos)

6.    Contexto xeográfico: Situar xeograficamente o relato, citando os elementos do relevo, ríos máis importantes, flora, fauna, etc. (mínimo media cara, máximo unha cara) (1,5 puntos)

7.    Valoración persoal da obra: que deberá incluír (máximo media cara de folio): (1 punto)
·         O que aprendiches coa lectura; que pensas que quere reflexar ou destacar o autor co texto?; que valores defende?
·         Se che gustou ou non; se o recomendarías, a quen e por que?; se te sentes identificado con algún personaxe; e que foi o que máis che gustou?; e o que menos? 

8.    Bibliografía e webgrafía: citar os libros e webs consultados para realizar o traballo (distintos do propio libro). (0,25 puntos)

Penalizarase con 0,5 puntos nos seguintes casos:
ü  Non presentar o traballo no tipo de letra e resto de requisitos formais.
ü  Non respectar as extensións mínima e máxima indicadas.

Data límite de entrega: 31 de xaneiro de 2019.


A maiores da presentación do traballo, farase un test para comprobar a lectura do libro.