Lectura do libro
“En tierra de indios” de Philippe
Nessmann. Editorial Bambú. ISBN: 978-84-8343-175-7
Cada alumno fará un traballo que deberá ter as seguintes características:
Preferentemente con procesador de textos (Letra Arial 12, a 1,5 espazos,
xustificada).
O traballo deberá conter, como mínimo, os seguintes apartados:
1. Portada. (0,25 puntos)
2. Índice: deberá conter os apartados nos que se divide o traballo (non o libro) (0,5 puntos)
3. Introdución: deberá conter (máximo media cara de folio) (1 punto):
1. Portada. (0,25 puntos)
2. Índice: deberá conter os apartados nos que se divide o traballo (non o libro) (0,5 puntos)
3. Introdución: deberá conter (máximo media cara de folio) (1 punto):
· Unha referencia
bibliográfica completa (autor, título do libro, ano de edición, e editorial)
· Unha breve introdución
biográfica e literaria do autor (breve biografía e mención doutras obras)
· Dicir de que tipo de
texto se trata (narrativo, ensaio, poético, tratado, etc)
4. Resumo do libro: (máximo dúas caras de folio). (4
puntos)
5. Contexto histórico: situar o libro no seu contexto histórico, cun breve resumo da historia (ata á época en que se desenvolve a aventura) dos recen nacidos Estados Unidos de América. Ademais debes valorar se os datos que aporta o libro sobre ese período son reais ou ficticios. (mínimo media cara, máximo unha cara) (1,5 puntos)
6. Contexto xeográfico: Situar xeograficamente o relato, citando os elementos do relevo, ríos máis importantes, flora, fauna, etc. (mínimo media cara, máximo unha cara) (1,5 puntos)
7. Valoración persoal da obra: que deberá incluír (máximo media cara de folio): (1 punto)

·
O que aprendiches coa
lectura; que pensas que quere reflexar ou destacar o autor co texto?; que
valores defende?
·
Se che gustou ou non; se
o recomendarías, a quen e por que?; se te sentes identificado con algún
personaxe; e que foi o que máis che gustou?; e o que menos?
8. Bibliografía e webgrafía: citar os libros e webs consultados para realizar o traballo (distintos do
propio libro). (0,25 puntos)
Penalizarase con 0,5 puntos nos seguintes casos:
ü Non presentar o traballo no tipo de letra e resto de requisitos formais.
ü Non respectar as extensións mínima e máxima indicadas.
Data límite de entrega: 31 de xaneiro de 2019.
A maiores da presentación do traballo, farase un test
para comprobar a lectura do libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario