Cada grupo (A, B e C) dividirase en 6 equipos de 5 ou 4 membros, podendo o profesor asignar a un
equipo aos alumnos que queden sen integrarse.
Cada equipo elixira un tema para
facer o traballo de entre os que a continuación se relacionan, non podendo
repetirse ningún. En caso de discrepancias, o profesor procederá a sortear
entre os equipos:
1. O mar Morto
2. O mar de Aral
3. A presa das Tres Gargantas
4. A presa de Assuán e o río Nilo
5. O glaciar Perito Moreno
6. Os Grandes Lagos de Norteamérica
Sobre o tema elixido elaborarase un traballo que deberá conter, como
mínimo, os seguintes apartados:
1. Portada. (0,25 puntos)
2.
Índice: deberá conter os apartados nos que se divide o traballo (0,25 puntos)
3.
Traballo propiamente dito Terá unha
extensión mínima de un folio polas dúas caras, e un máximo de tres, en letra
Arial 12, espaciado 1,5, xustificado. (4
puntos)
4. Valoración persoal (1 punto)
5. Bibliografía e webgrafía: citar os libros e webs consultados para realizar o traballo. Como mínimo
tres (aparte da Wikipedia). (0,5 puntos)
O traballo deberá ser entregado, e tamén exposto na
clase por un ou varios membros do equipo durante un tempo máximo de 15
minutos. Para a exposición poderán utilizarse presentacións tipo Power Point. (a exposición sumará ata 4 puntos). Os membros do equipo que
expoñan sumarán un punto adicional por riba do obtido polo propio equipo.
Penalizarase con 0,5 puntos nos seguintes casos:
ü Non presentar o traballo no tipo de letra e resto de requisitos formais.
ü Non respectar as extensións mínima e máxima.
ü Excederse do tempo máximo de exposición oral.
Data límite de entrega: 30 de novembro de 2018.
Os traballos expoñeranse, a criterio do profesor, durante o mes de decembro.
Cada equipo elixirá democraticamente un coordinador. En
caso de non chegar a acordo, decidirá o profesor.
O coordinador, de acordo coa maioría do equipo, poderá
penalizar aos membros que non traballen e colaboren, aplicando á nota as
seguintes porcentaxes de penalización: 25%, 50%, 75% ou 100%.
No hay comentarios:
Publicar un comentario