viernes, 14 de diciembre de 2018

Para saber quen era Marco Polo

vídeo

Traballo en grupo para o segundo trimestre: Organizar unha viaxe como a de Marco Polo.


O traballo a realizar será o Proxecto TIC consistente en organizar una viaxe como a de Marco Polo, tal e como se expón nas páxinas 138,139,140 e 141 do libro de texto, coas seguintes particularidades:

Como hai un erro no libro, o apartado 3 da páxina 140 será substituído polo seguinte:

Exercicio 3: Como no mapa non aparecen as zonas marcadas cunha letra, as zonas que debedes explorar son as seguintes:
·         Himalaia (Himalaya)
·         Deserto de Gobi
·         Sumatra

Debedes tamén buscar con Google Maps a cidade india de Madurai, localizar o gran templo que está no centro da cidade,  coa ferramenta Street View acceder ás rúas dos arredores do templo, así como entrar no propio templo, e describir o que se ve.

O traballo constará dunha portada e dos mesmos apartados que aparecen no libro de texto:
1.    Portada. (0,15 puntos)
2.    Índice: deberá conter os apartados nos que se divide o traballo (0,10 puntos)
3.   Traballo propiamente dito: Redactarase en lingua galega, utilizando o tipo de letra Arial 12, espaciado 1,5; xustificado. Ponderará da seguinte maneira:
·         Quen foi Marco Polo (puntos 1 e 2): 2 puntos
·         A Paisaxe (puntos 3 e 4): 1 punto.
·         O Clima (punto 5): 0,25 puntos
·         Organiza a túa viaxe: 3 puntos.
·         Debuxa a ruta: 0,50 puntos

A ruta a realizar (non todo o traballo) deberá ser exposta na clase por todos os membros do grupo durante un tempo máximo de 15 minutos. Deberá expoñerse en lingua galega, e para a exposición deberán utilizarse presentacións tipo Power Point que conteñan unicamente fotos, mapas, gráficos, etc. Pero non deberán conter máis textos que aquel es referido aos títulos das diapositivas ou o que conteñan os mapas, etc. (3 puntos).

NOVIDADE: a puntuación que obteña o grupo asignarase a todos os seus membros. A maiores todos os grupos terán dous puntos adicionais, que, unha vez rematadas as exposicións orais, repartirá o coordinador entre os membros do grupo en función das aportacións individuais de cada un, non podendo asignarse a si mesmo máis de 0,75 puntos.

Penalizarase con 0,5 puntos nos seguintes casos:
ü  Non presentar o traballo no tipo de letra e resto de requisitos formais.
ü  Non utilizar a lingua galega tanto na redacción como na exposición.
ü  Non respectar as extensións mínima e máxima.
ü  Excederse do tempo máximo de exposición oral.

Data límite de entrega: 25 de marzo de 2019.

Os traballos expoñeranse, a criterio do profesor, antes de finalizar a segunda avaliación.


martes, 13 de noviembre de 2018

Exercicio de temperaturas


As temperaturas medias dos 28 días de febreiro en Lugo, son: 7,5; 8; 8; 9; 7; 6,5; 7; 6,5; 8; 9; 8; 7,7; 6,3; 8,1; 7,5; 6,8; 7; 9; 7; 8; 6,5; 7,6; 8; 6,9; 8; 7; 6,9 e 7,3 graos Celsius. Calcula:
1.    A Temperatura media mensual deste mes.
2.    A amplitude térmica en febreiro


As temperaturas medias mensuais de Lugo durante un ano son:
xan
feb
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
set.
outubro
nov
  dec.
6,7
??
9,8
10,6
13,7
16.5
18.8
19.2
16.9
13.3
9
7.2

Con estes datos e os do exercicio anterior, calcula:
1.    As temperaturas máxima e mínima absolutas anuais.
2.    A amplitude térmica anual.
3.    A temperatura media anual.

domingo, 4 de noviembre de 2018

Máis sobre capas da atmosfera

Vídeo

Diferencia entre tempo e clima

vídeo

Zonas climáticas

Zonas climáticas da Terra

Capas da atmosfera

Vídeo

As mareas

vídeo

Correntes mariñas

Vídeo explicativo

Correntes mariñas

Vídeo da NASA

SABER MÁIS: augas subterráneas


vídeo

viernes, 19 de octubre de 2018

Río Menderes


Fervenza do Ézaro

vídeo

Terremoto en Triacastela

El País 1997

Terremoto en Becerreá

El Progreso

Os ríos

Vídeo

Formación dun delta

vídeo

Por que hai auga nos ríos cando non chove?

vídeo

O ciclo da auga


Vídeo

domingo, 14 de octubre de 2018

Como levantar un perfil topográfico

vídeo

Curvas de nivel

vídeo

Modificacións do relevo

vídeo

SABER MÁIS: erupción do volcán Krakatoa

vídeo

Como se forma un tsunami

vídeo

Un tsunami :)

vídeo simpático

Explicación dos terremotos

vídeo

Como se orixina un terremoto

vídeo

SABER MÁIS: partes dun volcán

vídeo

Volcán activo

vídeo

Interior dun volcán


vídeo de National Geographic

domingo, 7 de octubre de 2018

Estrutura interna da Terra


Vídeo

Exercicios con fusos horarios

1.- Se en Brasilia son as 5 a.m. Que hora será en Río de Janeiro? e en Chicago?

2.- Se en Calcuta son as 6 p.m. Que hora será en Los Ángeles?

3.- Se en Toquio son as 00 Que hora será en Berlín?

4.- Se en Chicago son as 12 a.m. Que hora será en Sidney?

5.- Se en París son as 3 p.m. Que hora será en Moscova? e en Toquio?

sábado, 29 de septiembre de 2018

Traballo en grupo para o primeiro trimestre: as augas da Terra


Cada grupo (A, B e C) dividirase en 6 equipos de 5 ou 4 membros, podendo o profesor asignar a un equipo aos alumnos que queden sen integrarse.

Cada equipo elixira un tema para facer o traballo de entre os que a continuación se relacionan, non podendo repetirse ningún. En caso de discrepancias, o profesor procederá a sortear entre os equipos:
1.    O mar Morto
2.    O mar de Aral
3.    A presa das Tres Gargantas
4.    A presa de Assuán e o río Nilo
5.    O glaciar Perito Moreno
6.    Os Grandes Lagos de Norteamérica

Sobre o tema elixido elaborarase un traballo que deberá conter, como mínimo, os seguintes apartados:
1.    Portada. (0,25 puntos)
2.    Índice: deberá conter os apartados nos que se divide o traballo (0,25 puntos)
3.    Traballo propiamente dito Terá unha extensión mínima de un folio polas dúas caras, e un máximo de tres, en letra Arial 12, espaciado 1,5, xustificado. (4 puntos)
4.    Valoración persoal (1 punto)
5.    Bibliografía e webgrafía: citar os libros e webs consultados para realizar o traballo. Como mínimo tres (aparte da Wikipedia). (0,5 puntos)

O traballo deberá ser entregado, e tamén exposto na clase por un ou varios membros do equipo durante un tempo máximo de 15 minutos. Para a exposición poderán utilizarse presentacións tipo Power Point. (a exposición sumará ata 4 puntos). Os membros do equipo que expoñan sumarán un punto adicional por riba do obtido polo propio equipo.

Penalizarase con 0,5 puntos nos seguintes casos:
ü  Non presentar o traballo no tipo de letra e resto de requisitos formais.
ü  Non respectar as extensións mínima e máxima.
ü  Excederse do tempo máximo de exposición oral.

Data límite de entrega: 30 de novembro de 2018.

Os traballos expoñeranse, a criterio do profesor, durante o mes de decembro.

Cada equipo elixirá democraticamente un coordinador. En caso de non chegar a acordo, decidirá o profesor.

O coordinador, de acordo coa maioría do equipo, poderá penalizar aos membros que non traballen e colaboren, aplicando á nota as seguintes porcentaxes de penalización: 25%, 50%, 75% ou 100%.

martes, 25 de septiembre de 2018

Lectura para este curso


Lectura do libro “En tierra de indios” de Philippe Nessmann. Editorial Bambú. ISBN: 978-84-8343-175-7





Cada alumno fará un traballo que deberá ter as seguintes características:

Preferentemente con procesador de textos (Letra Arial 12, a 1,5 espazos, xustificada).

O traballo deberá conter, como mínimo, os seguintes apartados:

1.    Portada. (0,25 puntos)

2.    Índice: deberá conter os apartados nos que se divide o traballo (non o libro) (0,5 puntos)

3.    Introdución: deberá conter (máximo media cara de folio) (1 punto):
·       Unha referencia bibliográfica completa (autor, título do libro, ano de edición,  e editorial)
·   Unha breve introdución biográfica e literaria do autor (breve biografía e mención doutras obras)
·       Dicir de que tipo de texto se trata (narrativo, ensaio, poético, tratado, etc)

4.    Resumo do libro: (máximo dúas caras de folio). (4 puntos)

5.    Contexto histórico: situar o libro no seu contexto histórico, cun breve resumo da historia (ata á época en que se desenvolve a aventura) dos recen nacidos Estados Unidos de América. Ademais debes valorar se os datos que aporta o libro sobre ese período son reais ou ficticios. (mínimo media cara, máximo unha cara) (1,5 puntos)

6.    Contexto xeográfico: Situar xeograficamente o relato, citando os elementos do relevo, ríos máis importantes, flora, fauna, etc. (mínimo media cara, máximo unha cara) (1,5 puntos)

7.    Valoración persoal da obra: que deberá incluír (máximo media cara de folio): (1 punto)
·         O que aprendiches coa lectura; que pensas que quere reflexar ou destacar o autor co texto?; que valores defende?
·         Se che gustou ou non; se o recomendarías, a quen e por que?; se te sentes identificado con algún personaxe; e que foi o que máis che gustou?; e o que menos? 

8.    Bibliografía e webgrafía: citar os libros e webs consultados para realizar o traballo (distintos do propio libro). (0,25 puntos)

Penalizarase con 0,5 puntos nos seguintes casos:
ü  Non presentar o traballo no tipo de letra e resto de requisitos formais.
ü  Non respectar as extensións mínima e máxima indicadas.

Data límite de entrega: 31 de xaneiro de 2019.


A maiores da presentación do traballo, farase un test para comprobar a lectura do libro.